AS REDES COMO PROTAGONISTAS
A pesca é outra das actividades máis habituais nas vilas mariñeiras. Tódalas noites, decenas de barcos saen dos portos de Pontevedra para pescar o seu lote. Traballan de doce a quince horas diarias comezando a súa xornada entre as tres e as catro da mañá. Con todo, as horas de traballo varían dependendo da especie a pescar. As técnicas que empregan son moi variadas, valéndose de redes e outras moitas ferramentas. Posteriormente, ao igual que acontece no caso do marisqueo, os produtos chegan á lonxa para a súa correspondente poxa nas horas da tarde dese día.




Galería fotográfica do lugar de entrada e saída dos barcos pesqueiros. | Elaboración propia.
Antes de extraer a materia prima, realízase un control previo. Na actividade pesqueira, realízanse exhaustivos controis en lanchas da garda costeira. No relativo ao marisqueo, a lancha pasa a través do mar para controlar a pesca furtiva e demais obstrucións ao quefacer diario. Tamén se establecen controis a pé, contando con gardas nas correspondentes confrarías para supervisar como se leva a cabo a posterior catalogación. Na pesca, o proceso é igual, a lancha controla o material pescado por cada barco antes de que chegue á lonxa.
A vida dun pescador: Alejandro Pérez, 'El catalán'

Segundo Alejandro Pérez, un pescador de redes da ría de Arousa, nos primeiros meses do ano, os barcos que pescan nas rías galegas comezan coa obtención de diversos pescados entre os que poden encadrarse o linguado, a sepia, a pescada, o rodaballo ou o coruxo.
Porén, as especies nas que máis se centra o seu traballo adoitan ser o linguado, a sepia, a pescada, a cabala, o bonito e a centola.
No mes de marzo ou abril, diríxense ao mar Cantábrico durante un período de quince días para continuar coa pesca da cabala. Anteriormente esta práctica duraba máis tempo, un mes, debido a que a cota que se lles asignaba era maior.
Alejandro Pérez 'El Catalán', pescador de redes da ría de Arousa. | Elaboración propia.
Durante un mes, tamén desempeñan a técnica da volanta, aparello empregado para a pesca de fondo, de forma rectangular e composta por un só pano. Comezan a súa actividade en torno ás dúas ou tres da mañá, regresando aos portos pola tarde. Isto lévase a cabo para a obtención de especies como a pescada, o ollomol, o san martiño ou o abadexo. A partir do mes de xullo regresan ao Cantábrico para a pesca do bonito. O seu horario neste período é de seis da mañá ás once da noite.
No mes de novembro comezan coa pesca da centola que se prolonga ata o Nadal. Parten sobre as catro da mañá e non volven ata pasada a media tarde, entre as cinco e as seis, procurando chegar para a poxa da lonxa. Para desenvolver tal arte pesqueira, tamén se utilizan as redes. Neses casos, saen ás dez da noite do día anterior para botar as redes e chegan un tempo despois para descansar e ir faenar horas máis tarde, xa de madrugada.
E así día tras día, mes tras mes. A súa vida resúmese nun ida e volta entre o porto e o mar. Así leva facendo dende mozo e non quere cambiar o seu presente nin o seu futuro por nada do mundo. "Pese a ser duro, estou feito a mar", finaliza cun sorriso cando a noite xa comezaba a caer no peirao do porto de Cambados.
Galería fotográfica sobre o proceso de pesca. | Elaboración propia.
O DÍA A DÍA DUN PESCADOR DE REDES
Descubre o día a día dun pescador de redes a través desta imaxe interactiva. | Elaboración propia.
Prezos, técnicas e produción
No tocante aos prezos, están pactados por tratarse dunha captura de moitas toneladas. Ademais, fai que a oscilación neles sexa mínima. Inflúe tamén o clima —as dificultades que xera— para poder ter en conta as épocas nas que as vendas serán mellores.
Para desempeñar estas tarefas, levan a cabo diversas técnicas en función da especie. Para pescar o bonito, póñense nos barcos unhas varas cunhas liñas que saen da popa, sen necesidade de empregar ningunha tipoloxía de redes. Porén, no caso da centola válense dunhas redes específicas que reciben o nome de miños, que quedan caladas pola noite. Ademais de empregalas para a centola, tamén serven para tódolos pescados planos como a sepia, o coruxo ou o linguado.
Descobre os produtos do mar máis importantes que se sacan da ría de Arousa a través desta imaxe interactiva. | Elaboración propia.
As redes de pesca consisten nunha serie de fíos tecidos e amarrados. A rede de pesca pode ser activa ou pasiva. A pasiva é inmóbil, e require que os peixes enreden nela. A activa, sen embargo, é móbil. Un dos tipos máis habituais de redes son as nasas.
Con todos estes aparellos, o pescador pode realizar cunha maior facilidade o seu traballo. Sen elas tódolos procesos que fai terían que ser de forma manual, o que xeraría unha perda de tempo e de diñeiro moi importante.
PRODUCCIÓN PESQUEIRA
Conseguir a producción de pesca non é nada doado, sen embargo uns estudios por parte do ISIC revelan a producción pesqueira nas rías galegas. Nos seguintes gráficos móstranse os valores monetarios e de cantidade de dita produción.
Valor en primeira venda da pesca da lonxa de Campelo, Pontevedra. | Elaboración propia.
Venda dos produtos pesqueiros nas lonxas de Galicia en 2018. | Elaboración propia.
O mar e o mariñeiro: unha vida xuntos

PESCA
Vídeo sobre a vida dos pescadores de redes. | Elaboración propia.