top of page

Lonxa

A VIDA MARIÑEIRA NUN SÓ LUGAR

A vida mariñeira concéntrase nun único punto. Mariscadores e pescadores, a xente do mar, traen os seus produtos despois de ser catalogados e pesados á lonxa.Un lugar onde cada tarde, despois da faena mariñeira, móstrase a verdadeira vida do mar.

 

Aquí a xente do mar leva á poxa o seu lote, que pode ser dende bivalvos e moluscos ata distintos tipos de peixes, amosando a variedade de pesca que hai na ría de Pontevedra e na de Arousa. Alí catalóganse e establécese o seu número de serie para a poxa, que adoita ser pola tarde na maioría dos casos. 

As pezas que foron mercadas polas distintas empresas acaban nos pratos de restaurantes ou nas prazas de abastos dos concellos da provincia de Pontevedra, onde as familias as mercan para poder degustar o sabor do mar nas súas casas.

Galería fotográfica dos distintos procesos dunha lonxa. | Elaboración propia.

A poxa: unha verdadeira loita polo mellor produto 

Cando os barcos e os mariñeiros de a pé finalizan a súa actividade, a materia primeira clasifícase en caixas ou bolsas dependendo da súa especie e tamaño para transportala á lonxa. Neste lugar realízase a primeira venda dos produtos e os pescadores levan a cabo a súa correspondente comercialización. As lonxas adoitan estar situadas ao pé dos peiraos dos portos pesqueiros. Son os establecementos onde hai unha maior actividade portuaria e onde se concentran unha gran cantidade de compradores, pescadores e persoal laboral. 

 

Na actualidade, a poxa dos produtos non é obrigatoria debido á aplicación do novo Real Decreto 418/2015. Este encárgase de regular a primeira venda. Con todo, os produtos deben pasar pola lonxa para a pesada e o control dos lotes. Malia non ser obrigatoria, a proia continúa a ser realizada en tódalas lonxas de Galicia.

Co paso dos anos, o proceso de proia nas lonxas experimentou diversas variacións. Antigamente o máis habitual era que se realizasen a viva voz, mais hoxe en día xa non se emprega este método. Debido á crecente informatización da sociedade, este proceso tamén conta coa axuda das novas tecnoloxías. Cada comprador dispón dun mando para realizar a parada do lote despois de velo nunha gran pantalla que amosa información sobre o produto en cuestión. Entre a información ofrecida inclúese o tamaño, o peso e a embarcación de procedencia. Esta poxa adoita ser á baixa, diminuíndo progresivamente o prezo ata que un dos compradores pulsa o botón do seu mando para mercar o produto ao prezo establecido. Este tipo de procedemento adoita denominarse á holandesa. Nas lonxas a venda faise ao por maior. Unha vez o lote baixa ata X prezo (dependendo do produto), anúlase e desprázase para uso particular por parte do gremio de mariscadores e pescadores da ría.

REAL DECRETO 418/2015

FUNCIONAMENTO DAS POXAS

ezgif-1-0b10b13fb190.gif

Vídeo sobre o funcionamento das poxas. | Elaboración propia.

Descobre o funcionamento dunha lonxa a través desta infografía. | Elaboración propia.

Vexamos canto sabes das lonxas. Xoga e comparte os teus resultados. | Elaboración propia.

A praza de abastos: unha conexión cos particulares

Normalmente nas lonxas (polo menos no caso de Pontevedra), non poden acceder particulares. Só teñen acceso a elas as empresas perfectamente acreditadas cunha ficha aberta e unha serie de requisitos para a asignación dos códigos de comprador. As compañías abastécense directamente dos produtos vendidos nas lonxas, mentres que os particulares acoden ás prazas de abastos. 

 

As prazas ou mercados de abastos son unhas instalacións cubertas situadas nas cidades ou concellos para que os comerciantes subministren os seus produtos ao público. As empresas adoitan expoñer a súa materia prima para que os particulares e consumidores poidan acceder ao material directamente e sen complicacións.

Segundo o regulamento dos mercados de abastos municipais considéranse Mercado de Abastos aos centros públicos municipales que agrupan a un conxunto determinado de establecementos destinados á venda ao por menor de produtos. Ditos mercados teñen como finalidade asegurar a distribución do abastecemento aos consumidores, que non poden acudir ás lonxas por prohibición da venda ao por maior aos particulares e diríxense ás prazas de abastos coa finalidade de escoller os mellores produtos do mar para levarse á boca.

O día a día dunha praza de abastos é moi sinxelo. Os donos das empresas vendedoras acoden cada mañá a ese punto de reunión cos produtos que conseguiron a tarde anterior na poxa da lonxa. 

 

Unha vez establecido os criterios marcados polo Concello dono do mercado, as empresas son libres de poñer un prezo aos seus produtos sen baixar do mínimo establecido pola lonxa, o Concello, a temporada de marisqueo e pesca de cada produto e a época do ano.

NORMATIVA MERCADOS DE ABASTOS

A hora de ir da lonxa ao mercado hai unha serie de normas que toda entidade debe de seguir. Unha serie de obligacións para poder vender ao público. Exemplo da normativa do Concello de Astillero (Santander, Cantabria).

E é así como os produtos do mar chegan ás nosas casas. O veto da posibilidade de acudir os particulares ás poxas das lonxas do porto da cidade na que un vive da lugar a este negocio que xa leva existindo dende hai séculos atrás. Pasamos da poxa á venda ao por maior a unha venda ao por menor onde os particulares elixen os produtos que máis lles convenzan para levar as súas casas. 

A praza de abastos convértese así nun punto de encontro, nun fío pequeno de conexión, entre as lonxas e os particulares que provoca unha fluctuación nos prezos. Ao ir as empresas ás lonxas e mercar ao por maior, estas teñen que establecer unha serie de acordos cos Concellos (membros dos mercados) e seguir as pautas dos representantes das lonxas para marcar un prezo de venda ao público. Tras marcalo, xa se pode realizar a actividade de compra e venda entre as entidades e os particulares.

Así é como todos podemos gozar tódolos días dun produto fresco e que aínda ole a mar. Se non fora polas prazas de abastos, os produtos do mar só poderiamos degustalos nos restaurantes ou mediante conservas que se venden nos supermercados. Grazas a este tipo de mercado o manxar do mar chega a mesa, a orixe de todo acaba nos nosos pratos. Grazas a isto, o produto das nosas rías é desfrutado por todos.

Galería audiovisual do día a día nunha praza de abastos. | Elaboración propia.

Como é a vida nunha lonxa?

Vídeo sobre o día a día nunha lonxa. | Elaboración propia.

IMG_1502_edited.jpg
MARISQUEO
_MG_0028_edited.jpg
PESCA
_MG_0007_edited.jpg
LUGAR DA SANTIÑA
Unknown.png

©2019 por Mar de Orixe

bottom of page